Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é
unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de
xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas
modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na tarde do luns 4 de febreiro.
Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:
- Individuais: 4 en liña, Damas e Xadrez
- Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As
primeiras eliminatorias e as finais individuais desenvolvéronse nas instalacións do centro. As finais de grupos disputáronse no pavillón
polideportivo dos institutos o día 4 de febreiro pola tarde e foron
arbitrados por Antón Niñe e Benxa Soto.
Da organización e coordinación dos Campionatos encargaronse Alejandra, Cristian e Sergio de 4º de ESO na modalidade individual e Benxa na modalidade Grupo.
- 4 en liña: Ádila Pereira Lopes (1º ESO A) e Kemer Monteiro da Costa (2º ESO B)
- Damas: Simón Chao Sánchez (1º ESO A)
- Xadrez: Raúl Cayón Fernández (1º ESO A)
- Baloncesto: Equipo de 2º ESO B (Noa, Ainhoa, Jessica, Noemie, Nico, Ainhoa Mía, Diego, Alex, Fernando, Nuria, Kemer, Mateo)
- Fútbol Sala: Equipo 2º ESO B (Dámaris, Nico, Diego, Sar, Mateo, Alex, Fernando, Kemer)
Felicitamos aos participantes e ao público polo bo ambiente creado nestes días! Moi boa afición!!
Accede ao álbum de fotos Xogos individuais aquí e da Final e Entrega de premios aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário