19.12.18

O Nadal xa chegou ao IES Perdouro!

Esta bonita época do ano, que tanto esperan os máis pequerrechos da casa como os maiores, está á volta da esquina. Como non podía ser doutra maneira, as alumnas e alumnos do IES Perdouro puxémonos mans á obra. Dende varios departamentos xurdiron diferentes ideas e houbo varias aportacións. Decoramos o noso instituto polos corredores, ventás, portas, aulas...

Na entrada, atópase a nosa grande árbore de Nadal, mostra do traballo en equipo do Departamento de Tecnoloxía. O alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía compuxo 5 triángulos rectángulos recheos de tuberías de PVC de diferentes tamaños. O alumnado de 2° e 3° de ESO axudou a cortar e pintar as tuberías de branco e os máis pequenos, os de 1° ESO, aportaron os seus adornos: uns pequenos anxos, pompóns e agasallos para encher as tuberías. O Departamanto de Mecanizado fixo a armazón para unir os paneis e a estrela. Para a súa iluminación contouse coa axuda do Departamento de Electrónica.

Por outro lado, o alumnado de 4° de ESO tamén elaborou unha figura de Papá Noel para colocar un "photo-call" na entrada do centro, debuxado e pintado por eles, coa axuda de tres rapaces de diferentes cursos: David, Cristina e Lucía.

Xa para rematar, o Departamento de Francés ambientou a entrada cunha cheminea de cartón reciclado.

O broche final púxoo o alumnado do CM de Instalacións en Telecomunicacións quen programou un letreiro luminoso para desexar unhas felices festas.

Agora, con todo xa rematado e decorado, grazas a un gran traballo en equipo, só nos queda gozar destas pequenas vacacións.

Bo Nadal! 

Accede a reportaxe fotográfica aquí.


Alejandra Alonso Fernández 
4º ESO

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...